Guía dos Libros Novos
Revista cultural con seis números editados entre xullo do 2003 até maio do 2004. Proxecto integral de edición, xestión, deseño, maquetación, coordinación e difusión.
As portadas foron realizadas ex-profeso para a revista. De cada unha das portadas se realizou unha tirada de 100 exemplares para a súa venda ao público. Estiveron a cargo dos seguintes artistas:
- Manuel Quintana Martelo.
- Xavier Correa Corredoira.
- Xaime Cabanas.
- Xurxo Martiño.
- Mario Iglesias.
- Blanca Silva.