Quen somos
RdO CULTURAL é unha empresa dedicada á xestión cultural e á comunicación. As nosas áreas de actuación céntranse fundamentalmente na organización e coordinación de diversas actividades relativas aos ámbitos das exposicións temporais, os museos, a consultoría e xestión de productos artísticos e culturais. Dentro destas actividades, destacamos o labor de comisariado, documentación, deseño, coordinación, producción e difusión de exposicións para diversas institucións públicas e privadas.
Ademáis, en RdO cultural contamos cunha ampla experiencia no campo da comunicación e o xornalismo. De aí que poñamos unha especial énfase na difusión da información, e que mimemos as nosas fluídas relacións cos profesionais dos medios de comunicación.
Traballamos cun amplo equipo de colaboradores habituais, entre os que se encontran historiadores, críticos de arte, restauradores, arqueólogos, antropólogos, arquitectos, deseñadores e xornalistas. O traballo deste equipo, unido á dilatada traxectoria profesional de cada un dos socios que integran RdO cultural, capacítanos para ofrecer proxectos de acción cultural na modalidade chave en man, xestionando dende o primeiro momento tódolos aspectos que integran cada proxecto: ofrecemos unha idea, a desenvolvemos, planificamos a súa execución e aseguramos a rendibilidade cultural, social e de imaxe correspondentes a súa inversión.
Este dossier recolle a traxectoria profesional de cada un dos socios que integran RdO cultural.